Thursday 09 de May de 2024

Últimos días para participar na II edición do certame de escaparates de Nadal do comercio local organizado polo Concello


• Os establecementos interesados deberán inscribirse na sede electrónica ou chamando á casa consistorial

• Gañará o local que obteña maior puntuación na votación popular que se realizará na páxina de Facebook do Concello e a través do servizo de NovasLaxe

O Concello de Laxe, a través da Concellaría de Comercio, Hostalaría, Turismo e Cultura, organiza a segunda edición do certame de escaparates de Nadal co obxectivo de visibilizar o comercio local durante estas datas.

Os establecementos interesados en participar deben comunicarllo á Administración local mediante chamada telefónica (981 70 69 03) ou a través da sede electrónica antes deste venres, 23 de setembro, incluído. Ademais, deberase anexar ou entregar presencialmente na casa consistorial unha solicitude de aceptación das condicións de participación (este documento pode atoparse na web municipal xunto ás bases do concurso).

O luns 26 de decembro, a partir das 11:00 horas, representantes do Concello visitarán os locais participantes para tomar as fotografías dos seus escaparates. Estas imaxes serán compartidas tanto na web e rede de Facebook municipais como no servizo de NovasLaxe.

De seguido procederase á unha votación popular online (Facebook e NovasLaxe) entre o 28 de decembro e o 4 de xaneiro de 2023. A entrega de premios e diplomas realizarase o día 9 do mesmo mes.